PROCESO
Ola MiniCarnavaleiros!
A continuación, deixarémosvos a explicación de todas as actividades que vamos a realizar para que coñezades un pouquiño máis de esta festividade tan divertida. Preparade esas imaxinacións!
TAREFA 1
- ORIXE -
Despois da breve explicación que os deixei arriba teredes que demostrarme que o entendeches a perfección. Esta actividade consiste en que, de forma grupal, fagades unha pequena exposición sobre a orixe do entroido. Aquí teredes que empregar a vosa imaxinación, xa que poderedes usar todo tipo de materiais, como cartulinas, cores, imaxes… Recordade que estamos en entroido, e a orixinalidade é moi importante!
Despois de facer esta tarefa, investigade a cerca das persoaxes típicas do entroido en Galicia e, cando vos vezades preparados... A XOGAR!!
A XOGAR!!
TAREFA 2
- RECETA CARNAVALESCA -
Esta actividade non ten moito misterio, xa o indica o nome. O que teredes que facer é a elaboración da receta dun plato típico do entroido galego que máis vos chame a atención, e se vos vexo moi glotóns… poderemos facelos na clase.
Teredes que preguntar a vosa familia e buscar en internet a receita máis sabrosa que atopedes e escribirédela nun folio.
a TRABALLAR!
TAREFA 3
- CONTACONTOS -
OLA DE NOVO CARNAVALEIROS E CARNAVALEIRAS!
¡ESTÁDELO FACENDO DE MARAVILLA!
Agora que xa sodes uns expertos sobre o entroido, teredes que elaborar unha breve historia sobre esta festividade, así que… é hora de que deixedes voar a vosa imaxinación!
Escribide no voso caderno unha historia ambientada na época de entroido. Podedes inventar absolutamente todo xa que o importante é pasalo ben e deixar correr as vosas ideas.
Despois compartide os contos cos vosos compañeiros e compañeiras e pasade un bo rato.
TAREFA 4
- SEMPRE Á MODA -
Xa temos moitas actividades pero… que é o que nos falta? Unha alfombra voadora?
Non non, iso non. Fáltanos o máis importante do entroido...
¡OS DISFRACES!
Para a súa elaboración teremos que empregar sobretodo materiais reciclados para pasalo ben axudando ó noso planeta.
O máis necesario é: bolsas de plástico, cartón, tesoiras, pegamentos, rotuladores, plásticos, papel, goma eva e cartolinas, pero se se vos ocurre algo máis que querades empregar podedes.
TAREFA 5
- FASHION WEEK -
XA ESTAMOS REMATANDO
Chega o momento máis importante e máis esperado do entroido…
O DESFILE
Despois de ter preparados os disfraces é hora de sacalos do armario e desfrutar. Prepararémonos no aula cos vosos disfraces e maquillaxes, e cando estemos divinos e divinas tocará saír á rúa acompañados de música. O importante é pasalo ben.